jueves, 24 de marzo de 2022

ACEESCA busca persoas interesadas nos programas Respiro Familiar e Campamentos Inclusivos de Verán

Dende Aceesca (Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual)  estamos buscando persoas que queiran participar no noso Programa de Respiro Familiar e nos Campamentos inclusivos de verán.


En que consiste? Prestar apoios ás persoas usuarias da Entidade nos períodos de descanso para as súas familias.

Cando?
  *   Do 13 ao 17 de abril (Semana Santa) en diferentes quendas (diúrnas e nocturnas).
  *   Outros períodos sen confirmar.
  *   Campamentos inclusivos de verán (xullo).

Funcións: acompañar ás persoas usuarias nas diferentes actividades programadas de ocio e participación social, así coma noutros hábitos cotiás de hixiene persoal, alimentación, etc.

Lugar: O Porriño (Pontevedra).

Perfil solicitado: persoas que lles interese e motive o traballo coa diversidade e/ou queiran gañar experiencia neste ámbito profesional.

Persoas interesadas en CV a cristina.gil@aceesca.com

lunes, 14 de marzo de 2022

Precísase Auxiliar de Axuda no Fogar

Precísase incorporar unha auxiliar de axuda no fogar:

- Comezo: 1 de abril de 2022. 

- Horario: luns, mércores e venres (16:00 a 18:00). 

- Centro de Vigo (sen necesidade de carnet de circulación). 

- Tarefas: acompañamento, conversa, desafogo coidador principal. 

- Valórase: habilidades no manexo da persoa usuaria e habilidades sociais. 

Enviar CV ao enderezo marina@afaga.com 

miércoles, 23 de febrero de 2022

Búscase persoa coidadora para atención en domicilio

Precísase persoa coidadora para atención en domicilio.

De luns a xoves (20:30-21:30). Zona de Teis. 

Teléfono: 678 384 819

lunes, 21 de febrero de 2022

Beca de formación na Escola Infantil Navuxil

A Escola Infantil Navuxil busca unha persoa TS en Educación Infantil, ofertando unha beca de 600€ e con alta na Seguridade Social. 

Podedes achegar os vosos CV e contactar (Cristina) en escuelainfantil@navuxil.es. 

lunes, 7 de febrero de 2022

O Concello de O Rosal abre unha bolsa de emprego para o posto de Auxiliar de Axuda no Fogar

 Convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Traballo para o posto de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Presentación de solicitudes ata o día 21-02-2022.
Máis información: https://bit.ly/3grvfS7

Buscase TAPSD