jueves, 24 de marzo de 2022

ACEESCA busca persoas interesadas nos programas Respiro Familiar e Campamentos Inclusivos de Verán

Dende Aceesca (Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual)  estamos buscando persoas que queiran participar no noso Programa de Respiro Familiar e nos Campamentos inclusivos de verán.


En que consiste? Prestar apoios ás persoas usuarias da Entidade nos períodos de descanso para as súas familias.

Cando?
  *   Do 13 ao 17 de abril (Semana Santa) en diferentes quendas (diúrnas e nocturnas).
  *   Outros períodos sen confirmar.
  *   Campamentos inclusivos de verán (xullo).

Funcións: acompañar ás persoas usuarias nas diferentes actividades programadas de ocio e participación social, así coma noutros hábitos cotiás de hixiene persoal, alimentación, etc.

Lugar: O Porriño (Pontevedra).

Perfil solicitado: persoas que lles interese e motive o traballo coa diversidade e/ou queiran gañar experiencia neste ámbito profesional.

Persoas interesadas en CV a cristina.gil@aceesca.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscase TAPSD