martes, 9 de noviembre de 2021

EULEN busca TSEDIN como figurantes/as de Nadal

A oferta é de figurantes/as para representar distintos personaxes (Elfos/as, Carteiros/as Reais e Papa Noel) en casetas Do Nadal en Vigo.

As túas funcións:

  • Rexistro de visitantes.
  • Atención de nenos e nenas que acoden ás casetas do Nadal.
  • Representación do personaxe do Nadal asignado.

Busca:

  • Persoas dinámicas e orientadas ao cliente, que acheguen experiencia laboral previa traballando con nenos/as.
  • Moi valorable formación como monitor/a de lecer e tempo libre ou na rama da educación infantil.
  • Imprescindible dispoñibilidade para traballar do 26 de novembro ao 5 de xaneiro, ambas as datas incluídas.
  • Certificado de estar exento de delitos sexuais.
  • Residencia en Vigo ou proximidades.
  • Plena dispoñibilidade para traballar en distintos horarios, incluíndo días laborais, festivos e fins de semana

Ofrece:

  • Contrato  temporal do 26 de novembro ao 5 de xaneiro (ambas as datas incluídas).
  • Formar parte do Grupo EULEN, empresa líder no sector servizos.
  • Salario: entre 8 e 10 euros brutos a hora de traballo.

Envío de CV a través da web oficial de EULEN ou a través da seguinte dirección de correo electrónico: empleonoroeste@eulen.com 

Máis información: https://eulen.referrals.selectminds.com/grupoeulenespana/jobs/figurantes-as-navidad-13385?et=ZG58IOo1  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscase TAPSD